sábado, 17 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS

Todos os anos en Galicia celebrase o Día das Letras Galegas no 17 de maio , por se non sabedes de que trata este acontecemento aquí os deixamos un breve resume .

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento.

Este ano este día faise en recordó a Xosé María Díaz Castro .

                       

Ningún comentario:

Publicar un comentario